Monday 20 de May de 2024

O Plan RUA actúa, dende mañá, no barrio do Birloque


Intervirá nunha superficie 34.500 metros cadrados, equivalente a 12 rúas e prazas

O Concello da Coruña informa de que o Plan RUA actúa, dende mañá, venres 19 de decembro, e ata o día 24, no barrio de
O Birloque, onde intervirá sobre unha superficie de 34.500 metros cadrados que corresponden a 12 rúas e prazas.
Realizaranse distintas actuacións, como limpeza e aseo de calzadas, rúas e prazas, colectores e rede de sumidoiros; mantemento de zonas verdes; ou reparación de distintas incidencias. Participarán un total de 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sostibles e ordenados coa colaboración dos veciños. En concreto, realizaranse os seguintes traballos:
. Baldeo de beirarrúas, calzadas e prazas.
. Limpeza e mantemento de mobiliario urbano.
. Limpeza da rede de rede de sumidoiros (800 metros lineais, 40 pozos e 90 sumidoiros).
. Mantemento de zonas verdes e xardíns.
. Reparación de 10 deficiencias de iluminación pública.
. Mantemento de 5 marquesiñas e pintado de 5 pasos de peóns.
Ademais, a actuación aproveitarase para a instalación do punto limpo móbil e para a inspección de vehículos abandonados.